Publicador de contidos

Publicador de contidos

A DXT activa unha campaña de vixilancia intensiva da velocidade

A DXT activa unha campaña de vixilancia intensiva da velocidade

A campaña da DXT vaise desenvolver entre o 7 e o 13 de abril

Tráfico lembra que desde o pasado mes de xullo todos os vehículos matriculados novos deben contar cunha serie de funcións de seguridade avanzadas, o denominadas ADAS

A campaña organizada en xullo de 2024 concluíu con 64.172 denuncias
G24.gal 05/04/2025 17:19

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) pon en marcha entre este luns 7 e o venres 13 de abril, unha nova campaña de vixilancia intensiva da velocidade, un dos factores de risco clave na sinistralidade nas estradas.

A última campaña, organizada en xullo de 2024, concluíu con 64.172 denuncias. Os axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil e das policías locais dos 103 concellos que participaron controlaron máis de 1,4 millóns de vehículos.

Nun comunicado, a DXT lembra que a velocidade inadecuada é o terceiro factor concorrente máis habitual nos accidentes de tráfico, especialmente nos que acaban con vítimas mortais.

Os axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil, así como os do resto de policías locais e autonómicas que se adhiran á campaña, centran os seus controis nos treitos de risco asociado á velocidade e nos puntos onde a circulación supera o límite establecido e existe un elevado índice de sinistralidade.

Nesta iniciativa de vixilancia participarán tamén os outros países adheridos á asociación RoadPol (European Roads Policing Network).

41 novos radares no que vai de ano; 122 novos en 2025

A campaña súmase ás ferramentas de control de velocidade que utiliza a DXT, como os radares fixos e móbiles e a vixilancia aérea desde os helicópteros.

No que vai de ano comezaron a funcionar 41 novos radares, 28 fixos e 15 de treito, dentro do plan deseñado para instalar 122 novos puntos de control de velocidade ao longo de 2025.

O obxectivo, subliña a DXT, é reducir tanto as vítimas mortais como o número de feridos graves, xa que está demostrado que a maior velocidade máis difícil é reaccionar a tempo para previr o sinistro e máis graves son as lesións.

Xunto ás medidas en marcha, Tráfico lembra que desde o pasado mes de xullo todos os vehículos matriculados novos deben contar cunha serie de funcións de seguridade avanzadas, o denominadas ADAS, entre as que se atopa o asistente intelixente de velocidade (ISA).

O sistema ISA está formado polo navegador do vehículo, que mostra o límite de velocidade na vía pola que se circula, e un sistema de recoñecemento de sinais que complementa á cartografía dixital e detecta limitacións temporais de velocidade, co que axuda ao condutor para coñecer e respectar os límites e mellora a seguridade viaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade