A DXT recoméndanos non ser bruscos cando comunicamos aos nosos pais que non conduzan
Tentar non prohibir e empregar os cuestionarios da DXT para estes casos
A DXT recomenda non prohibir conducir os nosos maiores de xeito drástico. Opinan igual os psicólogos recoméndannos empregar todos os recursos ao noso alcance para convencelos, e só prohibir en casos extremos.
A DXT tamén vai facilitar cuestionarios tanto para o maior como para o familiar preocupado pola situación e recoméndannos estar pendentes deles a partir dos setenta anos.
Os profesionais das autoescolas consideran que o Goberno podería dar un paso máis ofrecendo un marco legal aos familiares para facilitar esta conversa ou copiar o modelo americano en que os xubilados volven facer prácticas de condución ou vólvense a examinar do práctico xa que ás veces descoñecen novas normas ou sinais.
Tamén apuntan desde a Asociación de Autoescolas de Pontevedra que algúns psicotécnicos deberían ser máis estritos cos nosos maiores.