Publicador de contidos

Publicador de contidos

O encontro Compostela Ilustrada reúne profesionais e afeccionados para encher as rúas de arte

O encontro Compostela Ilustrada reúne profesionais e afeccionados para encher as rúas de arte

Santiago volve ser a inspiración dos que pasean sempre con caderno, pinturas e a necesidade de plasmar as paisaxes e as persoas coas que se cruzan. 

O Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada programa sesións de pintura en lugares emblemáticos da cidade, conferencias e obradoiros

G24.gal 08/11/2025 20:16 Última actualización 08/11/2025 20:42

Os participantes no encontro Compostela Ilustrada dedican as mañás a sesións de debuxo e pintura en lugares emblemáticos da cidade como a praza de abastos, Praterías ou a Alameda.

"Saír á rúa con amigos, coñecidos que teñen a mesma paixón. Xuntarnos para debuxar, estar un par de horas... Evádeste do mundo", relata un dos participantes. 

Teñen tamén obradoiros con algúns dos profesores que pola tarde se encargan dunhas conferencias en que o debuxo acompaña as palabras.

"Son demostracións de debuxo e conferencias. Unha cousa moi divertida en que a xente ve como se debuxa, neste caso azulexos con Ximena Maier, e ao mesmo tempo contan unha historia e como se enfrontan eles ao traballo.", explica Gemma Sesar, a organizadora do encontro.

"A cerámica si, pero eu debuxo moito, fago moitos cadernos de viaxe de sempre. Combino as dúas cousas.", conta a ilustradora e ceramista, Ximena Maiar.

Un encontro que nace en 2016 para crear un espazo en que dar cabida aos que non poden saír da casa sen un caderno e lapiseiros ou acuarelas. Coa cidade por inspiración xorden despois moreas de proxectos.

"Despois do festival, Gemma convidoume a quedar uns días para ilustrar este libro.", afirma o ilustrador Daniel Paga. 

"No libro Mulleres en Compostela eu o que fago é situalas en diferentes espazos para que a cidade se encha coa súa vida.", di a historiadora Encarna Otero.

Os composteláns están xa afeitos a topar polos recunchos da zona vella grupos que debuxan as súas casas, rúas ou bares. Algún afortunado mesmo quedará coa ilustración, pero as máis delas volverán nos cadernos e carpetas para completar as coleccións dos que crean as súas propias postais do vivido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade