A cara máis íntima de Leopoldo Nóvoa, revelada nunha exposición na Coruña
A mostra, 'Añoranza del absoluto', pódese visitar na galería Moret Art ata o 16 de xaneiro
O pintor e escultor galego Leopoldo Nóvoa, de notable proxección internacional, é famoso, sobre todo, pola súa obra monumental.
Pero a galería coruñesa Moret Art inaugurou unha mostra que revela a cara máis íntima do artista. Titúlase 'Añoranza del absoluto'.
En Galicia, efectivamente, o mundo das galerías de arte existe.
"Malia os cambios do sector, estase a consolidar un conxunto de galerías que traballan na mesma dirección. De fondo hai unha corrente de traballo increíble de moitísimos artistas de moitísimas disciplinas que deberían ter máis visibilidade", conta a directora de Moret Art, Nuria Blanco
Visibilidade dentro e tamén lonxe de Galicia tivo xa en vida o pintor e escultor Leopoldo Nóvoa. É máis coñecido pola súa obra monumental, pero esta mostra é outra cousa.
"Escollemos unha visión máis íntima", explica Nuria
"É buscar chegar a depurar a forma ata os límites. Iso para min é buscar o infinito, o absoluto", di a directora
Trátase dunha invitación a achegarse á arte contemporánea, a atreverse a contemplar.
"Ese é o gran reto: poder atraer o público xeral"
Unha cara máis de Leopoldo Nóvoa e da arte. Ata o 16 de xaneiro na Coruña.