Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aumenta o alugueiro de rochos no centro das cidades galegas

Aumenta o alugueiro de rochos no centro das cidades galegas

O alugueiro de rochos no centro das cidades comeza a converterse nun negocio en auxe

A crise da vivenda, a falta de espazo e incluso o teletraballo obriga a moitas persoas a buscar máis espazos para poder gardar os seus enseres

G24.gal 10/01/2026 17:10

No corazón da cidade de Vigo ,Pablo acaba de abrir o seu segundo negocio de alugueiro de rochos. No da rúa Torrecedeira ten máis capacidade, 47 espazos de diferentes tamaños para dar servizo a unha necesidade social.

Pablo, directivo de VigBox rochos urbanos, asegura que a demanda é grandísima, que teñen chamadas todos os días.

A crise da vivenda e agora tamén o teletraballo obrigan a moitas persoas e familias a buscar novos espazos para depositar as súas pertenzas. E é aquí cando xorde a pregunta, realmente necesitamos máis espazo? 

Persoas que non teñen rocho na súa vivenda e aquelas que viven nun cuarto, aseguran que si.

E moita xente busca rochos moi preto das súas vivendas, onde poidan desprazarse andando e no que teñan todas as facilidades de acceso e alugueiro.

"A xente nas cidades o que buscan son rochos relativamente pequenos necesarios para gardar as súas cousas do día a día, roupa, bicicletas...", conta Pablo Mansilla, directivo de VigBox rochos urbanos. 

Os prezos varían segundo os metros cadrados do rocho. Dende o metro e medio e ata os catro metros. Os prezos poden ir dos 30 aos 100 euros mensuais.

Unha moda ou tendencia que xa se nota na compra de locais comerciais baleiros para convertelos nesa segunda vivenda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade