Publicador de contidos

Publicador de contidos

Yolanda Díaz asegura que volverá levar a prórroga dos alugueiros ao Congreso

Yolanda Díaz asegura que volverá levar a prórroga dos alugueiros ao Congreso

Antes de participar nun acto con cooperativas galegas na Coruña, a vicepresidenta segunda do Goberno, insistiu en que o decreto está "gañando na rúa"

Reiterou tamén a súa disposición de dialogar e negociar para sacar adiante esta medida

Yolanda Díaz, este sábado na Coruña. EFE/Moncho Fuentes
G24.gal 02/05/2026 18:52

A vicepresidenta segunda do Goberno, Yolanda Díaz, afeou ao PP, Vox e Junts que prexudiquen aos seus votantes coa maioría que sumaron o pasado martes para derrogar o decreto lei que permitía prorrogar dous anos os contratos de alugueiro vencidos entre o 21 de marzo de 2026 e o 31 de decembro de 2027 e limitaba ao 2% as actualizacións anuais de renda.

En declaracións á prensa antes dun acto con cooperativas na Coruña, a ministra de Traballo e Economía Social, o mesmo que xa fixo na véspera, polo Primeiro de Mayo, anunciou que volverán levar ao Congreso este asunto, tras decaer tal e como se prevía por 166 votos a favor diso (PP, Vox, Junts e UPN), 177 en contra (os grupos da esquerda máis CC) e 5 abstencións (PNV).

Con todo, Díaz confía en que se poida reconstruír o acordo e sexa posible volver sentarse para acordar o camiño para seguir e defender aos inquilinos.

Mentres estivo en vigor, entre o 22 de marzo e o 28 de abril de 2026, xerou numerosas solicitudes de prórroga, e é por iso que a vicepresidenta volveu a incidir na súa mensaxe de que "o principal problema de España chámase vivenda".

"Somos capaces de seguir negociando sen levantarnos dunha mesa polo ben do noso país", salientou, e animou a poñerse a iso o propio luns cun contundente "adiante".

"As normas pódense perder no Congreso dos Deputados, pero está gañada na rúa", asegurou, e animou a participar na mobilización prevista para o mes de maio.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade