A Toxa e Sanxenxo, os lugares máis caros para alugar no verán en Galicia
A Toxa mantense como o lugar máis caro para alugar un piso ou apartamento vacacional en Galicia cun prezo de 3.000 euros á semana
Zonas como A Coruña xa se sitúan nos 1.500 euros, un 7% máis que o verán pasado
Veranear en Galicia custa este ano un pouco máis. E de feito, a nosa costa cada vez recorta máis distancia cos destinos de luxo mediterráneos.
O teito está, sen dúbida, na provincia de Pontevedra pero isto non parece afectar ás reservas.
Uns prezos altos que non van afectar á ocupación. A quince días do verán é xa compricado atopar aluguer para xullo e agosto no litoral do sur galego. Aquí en Sanxenxo alugar un pisto custa entre cincuenta e cen euros máis á semana que o ano pasado. Fronte ao areal de Silgar unha vivenda duns oitenta metros cadrados supera os 2500 euros.
A media do aluguer vacacional galego, facendo as contas entre as Rías Altas, máis baratas pero subindo tamén, e as Rías Baixas, é de 1169 euros cando a media en 2021 estaba en 730 euros. Todos estos datos saen dun informe sobre os prezos do aluguer semanal que acaba de publicar a consultora inobiliaria Tecnitasa, especializada en valoracións e tasacións de vivendas.
Betty Lorenzo, unha das socias de Remax-Rías, recíbenos na oficina en Sanxenxo. Teñen outra na Toxa. O estudo de Tecnitasa que conta que un piso en Sanxenxo, fronte á praia, custa 2500 euros á semana é certo pero incluso, hai pisos que chegan aos 3000 euros.
"O prezo dos alugueiros en primeira liña de praia en Sanxenxo ou A Toxa dun apartamento de tres habitación móvese entre catro mil e seis mil euros a quincena. Desde o 2020 vimos observando uns incrementos moi fortes, sobretodo en primeira liña de praia, en torno ao dez por cento anual", conta a TVG Betty Lorenzo, da Inmobiliaria Remax-Rías.
Ademais desa suba, sobre o terreo, do dez por cento anual tanto en venda como en aluguer hai utros cambios. O turismo nas Rías Baixas suma a procedencia centroeuropea. E por outro lado, moitos españois que frecuentaban o Mediterráneo están mirando cara destinos do norte, os refuxios climáticos.
"Esto estase convertendo nun refuxio climático. E iso está traendo a Galicia xente que antes veraneaba no Mediterráneo e que agora prefiren vir a Galicia onde o bo tempo téñeno garatizado máis ou menos igual", aclara Betty Lorenzo, unha das socias da Inmobiliaria Remax-Rías.
E apesares dos prezos a ocupación volverá achegarse ao 100% durante os meses de xullo e agosto, especialmente a primeira quincena.