Publicador de contidos

Publicador de contidos

A vaga de calor aínda se deixa sentir no sur de Lugo e en Ourense

A vaga de calor aínda se deixa sentir no sur de Lugo e en Ourense

Cos mercurios marcando preto dos 35 graos, estratexia é superar como se poida o mediodía e agardar a que as temperaturas comecen a baixar

G24.gal 07/07/2026 15:45

Mentres o norte respira, no sur de Lugo e en Ourense o termómetro segue sen dar tregua. A calor persiste e hoxe na Ribeira Sacra prevese que anden polos 34 graos. Un sol de xustiza que non frea o turismo; alí a estratexia hoxe é clara: buscar a sombra e refuxiarse no río.

No canón do Sil o sol hoxe non perdoa. Co termómetro rozando os 30 graos, os visitantes buscan o segredo mellor gardado da zona: as rutas con sombra.

Na Ribeira Sacra espéranse máximas de ata 34 graos, suficientes para manter o ambiente plenamente estival. 

Percorrer os canóns do Sil desde a auga é unha experiencia que, aseguran, fai máis levadeira a xornada. Outros escollen espazos con sombra e altitude, como o mosteiro de San Pedro de Rocas. Alí, a sensación é ben distinta e os visitantes agradecen un respiro fronte ás altas temperaturas do val.

A estratexia é sobrevivir ao mediodía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade