Cataluña pide o apoio da UME para facer fronte os incendios que ten activos
O lume puxo en risco a poboación da Pobla de Claramunt e afectou ao polígono industrial
As altas temperaturas reactivan focos secundarios no de Sentmenat e dificultan o control do de Las Gavarres
Os efectivos antiincendios de Cataluña estanse vendo apurados para atallar todas as frontes activas na comunidade. Desde a da media tarde do luns tiveron que aplicarse ao máximo para evitar que o lume afectase á localidade da Pobla de Claramunt. Malia a todo, non puideron evitar que afectase a unha parte do polígono industrial.
O martes á mañá este incendio dano por estabilizado, pero preocupa a evolución do de Sentmenat, onde a véspera se lanzou un aviso de Es-alert para confinar máis de 30.000 persoas. Levantouse o confinamento, pero os responsables do operativo confirmaron que hai reactivacións importantes de focos secundarios e que a situación é extremadamente crítica polas temperaturas que este martes e mañá seguirán superando os 40 graos.
Retornan os evacuados de Soneja, en Castelló, e os de Grazalema, en Huelva
O incendio de Soneja, en Castelló, dano por estabilizado, despois de que arderan 182 hectáreas, igual ca o de Grazalema, en Huelva, onde se queimaron máis de 200 baixo a mirada de veciños e veraneantes.
Estamos aquí todo el día mirando, impotentes, di un deles.
De norte a sur, esta impotencia fai que cada vez se oian máis voces que demandan un cambio na xestión forestal para poder facerlle fronte ao lume nunhas condicións climáticas cada vez máis extremas.
A xestión forestal deste país precisa dunha reflexión moi profunda. Terían que dar máis postos de traballo e ter os montes limpos porque cánto está valendo isto?