Publicador de contidos

Publicador de contidos

A detida polo secuestro do bebé en Bilbao pide ingresar nun psiquiátrico

A detida polo secuestro do bebé en Bilbao pide ingresar nun psiquiátrico

A suposta autora do rapto do neno permanecía tras a detención na comisaría da Ertzaintza en Deusto

G24.gal 22/10/2022 15:40 Última actualización 22/10/2022 17:50

A muller de 24 anos detida como suposta autora do secuestro dun bebé no hospital de Basurto en Bilbao pasou este sábado a disposición xudicial.

A muller fora gravada por distintas cámaras de seguridade cando, vestida de sanitaria, secuestrou o neonato. Levouno do cuarto onde estaba coa súa nai e tras máis de 10 horas sen dar noticias deixouno abandonado ás portas dunha vivenda. O pequeno e a súa familia xa descansan na casa.

Despois da detención permanecía na comisaría da Etzaintza en Deusto. Alí declarou 
ante os investigadores que tivo a idea mentres estaba ingresada nun psiquiátrico recentemente. Mireia, que así se chama a moza, estivo varias semanas nun hospital pola patoloxía que sofre e saíu hai pouco meses.

O secuestro ten precedentes no País Vasco en 2012, cando unha muller con problemas mentais raptou outro bebé no hospital de Donostia, pero foi localizada só unha hora despois. Tras ese caso, revisáronse e reforzaron os protocolos do Servizo Vasco de Saúde, de xeito que desde ese momento a proba do talón e a hipoacusia realízanse no cuarto cos pais do bebé.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade