Publicador de contidos

Publicador de contidos

A primeira dina do outono obriga a suspender clases e desprega á UME en Baleares

A primeira dina do outono obriga a suspender clases e desprega á UME en Baleares

As chuvias torrencias desta fin de semana deixan unha vítima mortal en Cabrera de Mar 

Segundo a AEMET o luns a situación tamén vai ser complicada e suspéndense as clases en Mallorca, Eivisa e Formentera, tamén en municipios de Valencia e Alacant

G24.gal 18/10/2026 15:13

A Generalitat Valenciana enviaba mensaxes Es-Alert. As autoridades pedían evitar desprazamentos innecesarios e non achegarse a zonas inundables.

A dina Adam complicou a situación meteorolóxica en boa parte do litoral mediterráneo. Deixou máis de 200 litros por metro cadrado.

Este domingo houbo aviso vermello por fortes chuvias en Valencia e Alacant, en Eivisa e Formentera, tamén alertas, laranxas ou amarelas, en zonas de Andalucía e noutras das Baleares.

"Íase a luz continuamente, os contedores do lixo ían flotando pola rúa".

"Nese momento sentes a anguria de non saber que vai pasar", din algúns cidadáns afectados.

En Cabrera de Mar chegaron a caer 60 litros de auga en só corenta minutos. Alí buscouse durante horas unha muller desaparecida que fora arrastrada pola auga, finalmente o dispositivo localizaba o seu corpo.

"Lamentamos profundamente esta perda", di un dos membros do operativo de busca.

As intensas precipitacións desta fin de semana provocaron centos de incidencias: inundacións, estradas cortadas, vehículos atrapados e numerosas intervencións dos servizos de emerxencia.

A UME desprazouse a Eivisa e Mallorca para colaborar cos servizos de emerxencias.

Segundo a AEMET o luns a situación tamén vai ser complicada, as autoridades piden extremar as precaucións e suspéndense as clases este luns en Mallorca, Eivisa e Formentera así como en municipios de Valencia e Alacant.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade