Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dez días antes de Noiteboa, os prezos do peixe e do marisco mantéñense

Dez días antes de Noiteboa, os prezos do peixe e do marisco mantéñense

Sobe o camarón e o santiaguiño, que chega aos 220€ euros o quilo

G24.gal 14/12/2022 14:37

Dez días antes da cea máis senlleira de todo o ano, os vendedores din que polo momento os prezos do peixe e do marisco mantéñense.

Aínda así hai excepcións. O camarón, por exemplo, vai xa a 130 euros e o santiaguiño, entre 200 e 220 euros o quilo.

Explican tamén que hai moitos clientes que xa mercaron hai semanas, tanto peixe como marisco, para conxelar. E os que non o fixeron a hoxe xa agardan ás datas propias para levar o produto fresco, arriscándose a pagalo máis caro.

Con todo, aseguran que os prezos van depender, como sempre, da demanda, pero sobre todo do tempo no mar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade