A demanda de transportistas dispara as matrículas nas autoescolas
As asociacións de profesionais estiman que faltan uns 30.000 condutores en toda España
Cambio de vida... ao volante dun camión.
"Traballei no sector da loxística, almacén e distribución", explica un transportista.
A demanda das empresas dispara as matriculacións nas autoescolas que imparten este tipo de formación especializada.
"Faltan condutores en vehículos de mercadorías e tamén en autobuses", di Ana Garrido, formadora de autoescola.
" Se non temos traballadores, as mercadorías non se van transportar", asegura Lucía Loureiro, Presidenta da Asociación de Transportes de A Coruña.
A demanda é tal que son moitas veces as propias empresa as que se diirixen aos centros formativos.
"Organizamos cursos cada dous meses con quince persoas. E cando rematamos non podemos ofrecer ás empresas porque xa teñen traballo bsucado", explica Ana Garrido.
As asociacións de transportistas reclaman unha formacion específica.
"Necesitamos un grao de FP dual no transporte", reclama Lucía Loureiro.
E estiman que faltan nestes momentos uns 30.000 transportistas en España.