A demanda de roupa de bebé medrou máis dun 6% entre no primeiro semestre do ano
Crece máis cá venda de roupa de nenos
Mentres a venda de roupa en termos xerais segue a baixar debido á caída da demanda, o segmento de prendas para bebé continúa en camiño ascendente.
"Non teño moi claro o motivo, pero a demanda de bebé adoita ser moi superior á de nenos", di Juliana Paulina, dependenta da tenda Otero: Niño y Bebé, na Coruña.
É verdade que a tenda ten crecemento e cada ano vendemos máis. E se vos fixades o que máis vedes aquí é roupa de bebé", corrobora Vanesa Roel, encargada da tenda Doña Carmen, da Coruña.
Entre xaneiro e xuño deste ano, a demanda de roupa de 0 a 3 anos medrou máis dun 6%, tanto en volume como en valor. Son datos de Kantar, consultora internacional de análise de mercados.
En moda para bebé tamén hai novas tendencias.
"Nós temos máis estas liñas de cores clásicas de rosa, azul, rosas empoados. Logo o certo é que a xente demanda tamén marróns, negros, azul mariño, granate. E iso para bebés de 0 meses", explica Vanesa Roel, encargada da tenda Doña Carmen.
"Si é verdade que medrou moitísimo as cores neutras e tons terra, en xeral, para nenos e nenas. E encanto a tecidos, sobre todo para recén nados, o algodón 100% é o máis recomendado para evitar alerxias ou casos de peles atópicas", engade Juliana Paulina dependenta da tenda Otero: Niño y Bebé.
Un segmento especializado que se mantén en alza.