Publicador de contidos

Publicador de contidos

Samuel Kwesi denunciou neglixencias durante o naufraxio, segundo dous xornais

Samuel Kwesi denunciou neglixencias durante o naufraxio, segundo dous xornais

Samuel emitiu un comunicado no que di que "nin confirma nin desmente" as informacións puplicadas por 'La Voz de Galicia' e 'El debate.com'

Marta González Salve 08/03/2022 14:04

Graves neglixencias no momento do naufraxio. Segundo informacións difundidas polo xornal 'La Voz de Galicia' e 'El debate.com', sería o declarado por Samuel Kuesi ante a Garda Civil, contradicindo as declaracións do patrón, Juan Padín, e do seu sobriño, Eduardo Rial.

Segundo estes medios, Samuel declarou que ese día as condicións meteorolóxicas eran moi adversas e que o problema xurdiu ao escorar o barco durante a manobra da recollida do aparello.

Dixo que, malia solicitar ao patrón que soltase cable para estabilizar o barco, non o fixo e que o auga anegou varios compartimentos e o motor parou.

Segundo estes medios, Samuel tamén declararía que o patrón non deu a orde de abandonar o barco nin tampouco de poñer os traxes de emerxencia.

Televisión de Galicia púxose en contacto co avogado de Samuel, que asegurou que a filtración desa información non procede do seu despacho. Sobre a veracidade, remitiu ao comunicado difundido polo círculo de Samuel, no que di que nin confirma ni desmente o publicado.

Di, ademais, que é o primeiro que quere falar coa familia dos falecidos e que, se ata agora se abstivo, foi polo ben de que o seu testemuño chegue a bo termo en sede xudicial.
Para que sexan, continúa o comunicado, as autoridades as que definan as responsabilidades.

As familias dos falecidos agradecen a declaración de Samuel, que deu paso a que a Audiencia Nacional abra unha investigación e no caso de que existise algunha neglixencia depurar responsabilidades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade