Publicador de contidos
Publicador de contidos

A DANA causa inundacións e danos en Murcia, Almería e Alacante

A DANA causa inundacións e danos en Murcia, Almería e Alacante

Moi castigada Cartaxena con máis de cen litros por metro cadrado en 12 horas

En Murcia a tromba de auga deixou máis de 200 incidencias de madrugada

En Valencia caeron ata 130 litros por metro cadrado en apenas 12 horas, un récord en cen anos

G24.gal 23/05/2023 14:53 Última actualización 23/05/2023 15:15

As chuvias torrenciais arrasan o leste da Península. Murcia, a Comunidade Valenciana, Andalucía e Cataluña sofren os peores efectos da DANA. A noite foi moi complicada na rexión de Murcia.

A tromba de auga deixou máis de 200 incidencias de madrugada e facíase imposible circular por rúas convertidas en ríos. De feito 14 municipios suspenderon as clases e pecharon centros de día. 

Castigada especialmente Cartaxena. Acumulou máis de cen litros por metro cadrado en 12 horas. Un rexistro que desbordou mesmo os máis precavidos.

Sucedéronse baldeirados e rescates de persoas atrapadas en vehículos. A auga coouse neste hospital e as tarefas de limpeza seguían arreo na mañá deste martes aínda con cortes de estradas.

En Lorca, houbo precipitacións acumuladas de case corenta litros en seis horas. Estragos tamén en Andalucía. Na provincia de Almería, a máis castigada, bateron marcas de acumulados e varias estradas quedaron cortadas.

Nas próximas horas o peor agárdase en Valencia e Alacante que anunciaron o peche colexios e universidades ás dúas da tarde, en alerta laranxa por fortes chuvias. 

En Valencia recolléronse ata 130 litros por metro cadrado en apenas 12 horas, un récord en cen anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar