A costeira do bonito xa deixa en Burela un 20% máis de capturas que o ano pasado
O mal tempo de setembro impediu que os barcos volvesen saír, pero confían en que a tendencia siga sendo positiva
O volume de negocio na lonxa burelense tamén mellorou resultados, cun cinco por cento máis ingresos respecto ao 2024
Aínda non rematou a costeira do bonito, pero se o tempo non empeora agárdase mellor ca do ano pasado. Xa van un 20 % máis de capturas.
Segundo expresa o xerente da lonxa de Burela, Miguel Neira, "a 31 de agosto tiñamos 1.300 toneladas comercializadas. Son 230 toneladas máis que o ano pasado e un volume de negocio de cinco millóns de euros, cun incremento dun cinco por cento".
A estas alturas as capturas achéganse ao 60%, polo que aínda queda marxe ata as 26.000 toneladas que están autorizadas para España. Isto fai que ata Burela se acheguen frotas doutras zonas do Cantábrico.
Indica o mariñeiro vasco Gotzon Eguía que "vimos porque está aquí agora a temporada do bonito. Este ano estamos collendo máis que en anos anteriores."
Polo porto de Burela entra o setenta por cento de bonito que se comerciliza en Galicia.