Publicador de contidos
Publicador de contidos

A eclipse de sol poderá verse parcialmente en Galicia durante poucos minutos

A eclipse de sol poderá verse parcialmente en Galicia durante poucos minutos

A provincia da Coruña é o mellor punto da Península Ibérica para albiscar a eclipse solar

Preme na imaxe da dereita para ver en directo a eclipse en Galicia

Eclipse visto dende México
G24.gal 08/04/2024 08:05 Última actualización 08/04/2024 21:17

A provincia da Coruña é o mellor sitio da Península Ibérica para ver de forma parcial a eclipse total de sol prevista para este luns, aínda que todo dependerá das condicións meteorolóxicas.

Explicouno a EFE o divulgador astronómico e fotógrafo coruñés Óscar Blanco, membro da Agrupación Astronómica IO, que viaxa a Texas (os Estados Unidos) para gozar deste fenómeno.

“En Europa non se vai ver nada desta eclipse agás no oeste, onde haberá un pequeno bocado durante o solpor”, detalla.

Galicia e as illas Canarias algúns dos lugares de Europa onde poderá apreciarse en parte a eclipse. Poderá apreciarase tan só unha pequena mordedura na parte inferior esquerda do sol. Pero o eclipse deixará en case escuridade total, en pleno día, zonas de Estados Unidos, México, O Canadá e tamén parte do océano Atlántico. 

A lúa interposta entre o sol e a terra deixará unha zona de sombra no norte do continente americano, que é onde mellor vai poder apreciarse a eclipse de hoxe.

En Europa vaise ver só parcialmente e só uns minutos, porque se produce cando está chegando xa o solpor á zona máis occidental. "Onde máis se podería ver sería na Costa da Morte, pero apenas dez minutos, desde que comeza a eclipse ata que se pon o sol. No caso da Coruña, comeza ás 21.02", explica José Ángel Docobo, catedrático de Astronomía da USC

E ás 21:09 ponse o sol. E xa non se ve máis. Será cuestión de minutos sempre que abra e as nubes o permitan "En Santiago está prevista unha duración de seis minutos e medio, nas Rías Baixas entre seis e oito. A eclipse continúa, pero nós non a vemos porque o sol xa se meteu", engade José Ángel Docobo, catedrático de Astronomía da USC

Mesmo así, hai que protexer a vista con lentes especiais. Se desta vez non hai posibilidade de velo, saiban que en 2026 en Galicia, en agosto e sobre todo no norte e no leste, imos poder ver en moitas mellores condicións, unha eclipse total de sol.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar