Cargando resultados...
A Coruña celebra unha nova edición do Día da Ciencia na Rúa
Medio cento de centros escolares presentaron os seus proxectos e xogos científicos
G24.gal
06/05/2023 20:58
Última actualización 06/05/2023 21:12
O parque de Santa Margarida da Coruña acolleu este sábado unha nova edición do Día da Ciencia na Rúa.
Escolares de 48 centros educativos, case todos da provincia, tiveron a oportunidade de mostrar as actividades e experiencias que prepararon durante meses para convidar a cidadanía a descubrir, aprender e xogar coa ciencia e a tecnoloxía.
Durante todo o día, alumnos e alumnas presentáronlle ao público os seus proxectos, nunha romaría científica que xa é un clásico da primavera coruñesa.
Ademais, houbo diferentes actividades paralelas e os museos científicos foron de balde durante toda a xornada.