Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Coruña regresa ao século XVI coa Feira das Marabillas

A Coruña regresa ao século XVI coa Feira das Marabillas

Máis dun cento de postos, música, gastronomía e espectáculos participan na XXVII edición do evento

G24.gal 22/07/2023 21:10 Última actualización 22/07/2023 22:08

A Coruña imaxina a Feira Franca que se celebraba na cidade no século XVI cunha nova edición da Feira das Marabillas, cinco días nos que os postos de artesanía e de gastronomía ocupan as rúas da cidade vella, máis buliciosa ca nunca.

A cita leva programándose case tres décadas de forma ininterrompida, coa única excepción dos anos 2020 e 2021 por mor da covid-19. Ata o martes 25 de xullo levaranse a cabo actividades culturais entre os muros da cidade vella.

Actuacións musicais, recreacións históricas e espectáculos teatrais e de acrobacias encherán as prazas e rúas da zona histórica nunha das citas clásicas do verán coruñés.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade