Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Coruña acolle o 23.º congreso de directivos CEDE 'Liderado en tempos de intelixencia artificial'

A Coruña acolle o 23.º congreso de directivos CEDE 'Liderado en tempos de intelixencia artificial'

Preme aquí para seguir o evento en directo desde G24.gal

A Fundación CEDE premia a Adolfo Domínguez, Grupo Cortizo, Lence e Monbus

EFE / Cabalar EFE / Cabalar
G24.gal 28/11/2024 08:07 Última actualización 28/11/2024 10:24

Co lema Liderado en tempos de Intelixencia Artificiallíderes de empresas españolas analizarán este xoves na Coruña a situación actual e o futuro, e tamén as claves para fortalecer e promover o crecemento das súas compañías.

O presidente da Deputación da Coruña Valentín González Formoso, a alcaldesa da cidade Inés Rey e a presidenta do comité organizador Rosa María Carabel inauguran o 23.º Congreso de Directivos CEDE en Palexco, Pazo de Exposicións e Congresos da Coruña.

O encontro da Confederación Española de Directivos e Executivos, que se celebra anualmente desde o ano 2000, contará coas intervencións da presidenta do Banco Europeo de Investimentos Nadia Calviño e do presidente do Partido Popular Alberto Núñez Feijóo, entre outros. 

Está previsto que o rei Filipe VI, o presidente da Fundación CEDE Isidro Fainé e o titular do Executivo galego Alfonso Rueda clausuren o evento. 

A Fundación CEDE premia a Adolfo Domínguez, Grupo Cortizo, Lence e Monbus

A Fundación CEDE-Confederación Española de Directivos e Executivos premiou a Adolfo Domínguez, Fundación Érguete-Integración, Grupo Cortizo, Grupo Zendal, Lence e Monbus.

A entrega dos premios anuais celebrouse este mércores no concello da Coruña, segundo apuntaron na Fundación.

Estes galardóns recoñecen empresas, entidades e líderes pola súa achega en áreas de sustentabilidade, impulso empresarial, traxectoria, investigación, compromiso social e empresa familiar.

Así, o premio á sustentabilidade foi para Adriana Domínguez, presidenta da firma de moda Adolfo Domínguez, que traballa para lograr un impacto social e ambiental positivo.

Raúl López, presidente de Monbus, recibiu o galardón ao impulso empresarial, pois a compañía, creada en Lugo, ten presenza en todo o país e conta cunha frota de 1.350 autobuses.

O compromiso coa igualdade de xénero ou a loita contra o cancro e a aposta polo rural como territorio de oportunidades conduciron a Carmen Lence, presidenta de Lence, ao premio á traxectoria empresarial.

O premio á investigación foi para o Grupo Zendal polos seus fitos sanitarios, mentres que o de compromiso social o recolleu a Fundación Érguete-Integración, ao traballar pola mellora da vida das persoas máis vulnerables.

O Grupo Cortizo, fundado en 1972 como unha pequena carpintería de aluminio, que actualmente conta con 3.350 empregados, recibiu o premio á empresa familiar.

A Fundación CEDE organiza este xoves na Coruña un congreso baixo o lema Liderado en tempos de intelixencia artificial

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade