Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Coruña, á cabeza en sancións polo uso do móbil ao volante

A Coruña, á cabeza en sancións polo uso do móbil ao volante

Foron case 4.200 denuncias, o que supón un incremento do 86 % no último ano

G24.gal 06/04/2022 14:33

O uso do móbil ao volante multiplica por máis de vinte as posibilidades de verse implicado nun accidente pero, aínda así, cada día seguimos a ver persoas que o fan.

O ano pasado Tráfico notificou máis de 10.200 multas, o que equivale a que cada día, de media, 30 galegos vaian co móbil ao volante.

Para poñerlle freo, Tráfico acaba de endurecer o catálogo de sancións: Retirada de seis puntos e 200 euros de multa, ou o que é o mesmo; con dúas sancións por usar o móbil ao volante o saldo do carné quedaría a cero. 

Segundo a DXT, máis do 90 % das infraccións por descoidos son por atender chamadas ou enviar e recibir mensaxes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade