Publicador de contidos

A contratación medra un 12% en Galicia polas baixas da covid

A contratación medra un 12% en Galicia polas baixas da covid

Os sectores que máis contratación están demandando son o comercio e a automoción

As medianas e grandes empresas son as que lideran a contratación

G24.gal 14/01/2022 20:55

A contratación de traballadores  para substituír a avalancha de baixas laborais por Covid, dispárase ata o 12% en Galicia con respecto a xaneiro do ano pasado. Os sectores que máis contratación están demandando son o comercio e a automoción.

A variante ómicron provocou unha explosión de baixas laborais nos últimos meses. Paralelamente disparouse a contratación de traballadores para substituír esa avalancha de contaxiados.

Segundo un informe difundido este venres por Adecco, ata un 15% máis que o ano pasado. En Galicia falamos dun aumento de case o 12%.

"En Galicia, os sectores que mais demandan contratación son os do retail, o comercio porque estamos na época de rebaixas... e a automoción", explica Alex Casal, director Adecco Santiago.

As medianas e grandes empresas son as que lideran a contratación. As que máis traballadores teñen e onde a transmisión do virus é, por tanto, maior.

O perfil do traballador?, o que desenvolve as súas funcións de xeito presencial.

"Na parte do retail, dependentes e comerciais e incluso o que ten que facer visitas. Tamén os de loxística, repartidores, os mozos. Na parte de automoción, os operarios de liña" , comenta Alex Casal, director Adecco Santiago.

A maioría dos contratos de interinidade polas baixas tiveron, en decembro, unha duración media de 10 dias

Publicidade
Publicidade
Publicidade