Publicador de contidos

Publicador de contidos

A confraría de Noia suspende a campaña pola elevada mortaldade do marisco

A confraría de Noia suspende a campaña pola elevada mortaldade do marisco

As mostraxes detectaron mortaldades que chegan ao 80 % no caso do berberecho, a principal especie marisqueira desta ría

Imaxe dunha muller con marisco morto nas mans. Arquivo (Europa Press/Adrián Irago). Imaxe dunha muller con marisco morto nas mans. Arquivo (Europa Press/Adrián Irago).
G24.gal 20/02/2026 11:37

A confraría de Noia acordou “por maioría” non renovar a actividade marisqueira da campaña 2025/2026 debido á alta mortaldade do marisco.

Segundo indican desde a confraría, as mostraxes realizadas en distintas zonas na xornada do xoves evidencian un 90 % de mortaldade de ameixa babosa, un 80 % de berberecho (principal especie de explotación comercial na ría de Muros e Noia) e un 40 % de xapónica, tanto nos bancos marisqueiros de a pé como nos de embarcación.

Por iso, avanzan, solicitarase á Consellería do Mar “o peche por causa de forza maior” a fin de poder solicitar as prestacións ou axudas correspondentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade