Publicador de contidos

Publicador de contidos

A comunidade budista permanecerá en San Amaro malia o incendio que arrasou o edificio central

A comunidade budista permanecerá en San Amaro malia o incendio que arrasou o edificio central

Aprazan a ampliación prevista dun terceiro edificio para priorizar a recuperación do queimado

Xa están empezando a recibir donativos para a reconstrución 

G24.gal 05/03/2024 15:31 Última actualización 05/03/2024 16:01

As dúas monxas da comunidade budista de San Amaro que están estes días no centro viven agora na residencia anexa que se salvou do lume.

Durante toda a semana pasada mantivéronse pendentes de que o lume non se reavivara no edificio central.

Con tanta calor e tanta madeira, os bombeiros tiveron que arrefriar algún punto ata catro veces. Agora que xa dan por definitivamente extinguido o incendio comeza a fase das investigacións e as peritaxes. 

Tenzing Ngeyung, unha das monxas, confirma que nova planificación estratéxica obrigará a revisar a expansión prevista, que inclúe a construción dun novo edificio para acoller os cursos de filosofía budista que se imparten aquí baixo a dirección do Lama Gueshe Tenzing Tamding.

Van primar a reconstrución do edificio orixinal e para iso agradecen a axuda que xa están empezando a recibir a través de doazóns na conta da fundación promotora do mosteiro:  FUNDACIÓN CHU SUP TSANG, nº de conta ES10 0238 8234 1506 03347210.

Amais diso tentan preservar as reliquias e as ensinanzas que salvaron da queima para que formen parte do novo templo. Iso inclúe a súa propia aprendizaxe nesta experiencia que consideran unha proba para manter a calma e o ánimo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade