Publicador de contidos

Publicador de contidos

A comarca do Xallas aposta pola enerxía fotovoltaica en varias explotacións gandeiras e fábricas

A comarca do Xallas aposta pola enerxía fotovoltaica en varias explotacións gandeiras e fábricas

Un exemplo do proceso de descarbonización que ao tempo gaña en independencia enerxética e en sustentabilidade da súa contorna

O aforro na factura enerxética é considerable, segundo explican os que xa contan con este tipo de instalacións

G24.gal 06/07/2023 22:03

Nos últimos meses varias explotacións gandeiras e fábricas de municipios coma Mazaricos e Santa Comba apostaron por instalacións fotovoltaicas como fonte de enerxía que ademais os beneficia cun considerable aforro na factura, como acontece nesta factoría, todo un referente na produción de sementeiras para cultivos, que instalou os paneis no tellado.

SAT Vila Alborés é unha das explotacións de gando vacún orientadas á produción de leite máis grandes de Galicia e acaba de poñer en funcionamento sobre o chan unha instalación fotovoltaica de 80 (kW) quilowatts. 

Os paneis están dotados dun sistema que permite modificar a súa orientación segundo o movemento do sol e ampliar con iso a súa produtividade nun 30 por cento.

Cooperativas de gandeiros, fábricas de pensos e outras empresas tamén escolleron recentemente esta alternativa fotovoltaica. Deste xeito, a comarca do Xallas está sendo un exemplo do proceso de descarbonización, ao tempo que gaña en independencia enerxética e en sustentabilidade da súa contorna.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar