Publicador de contidos
Publicador de contidos

A colleita de millo na Terra Chá vai con tres semanas de atraso

A colleita de millo na Terra Chá vai con tres semanas de atraso

A recollida de 10.000 hectáreas terá que concentrarse en só 15 días

O clima e as pragas poden reducir a calidade e cantidade da colleita

Campo de millo
Andrés Pavón/José Lamas 12/09/2024 19:17 Última actualización 12/09/2024 20:07

As espigas verdes e sen abrir indican que aínda faltan como mínimo 21 días para que se poida recoller o millo na Terra Chá. Ata ben entrado xuño non se puido sementar, e por iso houbo que ir a ciclos curtos, que, aínda así, veñen con demora. Ademais, durante o verán apareceron pragas que fan que a calidade da colleita deste ano tamén se poida ver comprometida.

"Houbo pragas coma a rosquilla e o verme cogollero que minguan as plantas, pero non se nota ata que se fai a recollida", explica Antonio Balado, de Agricampo.

O millo é un cultivo imprescindible para a produción de leite. Por iso, a súa recollida é un labor prioritario. Pero a colleita demorada faino máis difícil. A chuvia enchoupa os campos e complica o traballo das máquinas, e os cultivos de inverno e a pradería tamén ven alterados os seus ciclos. Por outra banda, a falta de man de obra fai pensar que puideran quedar sen recoller parte das 10.000 hectáreas que se sementan na Terra Chá.

"O traballo de recollida que normalmente se fai ao longo dun mes vaise ter que concentrar en só quince días, e iso vai supoñer un gran problema", indica Carlos López, de Carlea Servizos Agrarios.

Malia o custo duns 1.200 euros por hectárea, a superficie dedicada a millo en Galicia volverá superar as 70.000 hectáreas este ano. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar