Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Coruña agarda acadar unha ocupación hoteleira do 90 % na ponte de San Xoán

A Coruña agarda acadar unha ocupación hoteleira do 90 % na ponte de San Xoán

G24.gal 22/06/2022 20:59

Na Coruña, o centro neurálxico da festa será a praia de Riazor onde a previsión é que se concentren milleiros de persoas para queimar as cacharelas.

Pero a festa de San Xoán terá impacto en toda a cidade e as expectativas son moi altas logo de dous anos sen celebración.

Nestes momentos a ocupación hoteleira para esta ponte ronda o 80 % e esta podería cifra podería aumentar xa que, segundo nos recoñecen desde o propio sector, estanse a rexistrar numerosas reservas de última hora.

Agora só queda que o tempo tamén acompañe para que esta tendencia se confirme finalmente. Con todo, hai establecementos que teñen colgado xa o cartel de completo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade