A ciberestafa do 'lover boy' chega a Galicia
A semana pasada coñecéronse tres casos en que as mulleres perderon en total 200.000 euros
A policía insiste en extremar as precaucións e non confiar en calquera que pida cartos a través de Internet
Captan as vítimas, maioritariamente mulleres de entre 40 e 60 anos, a través das redes sociais e, unha vez que conseguen namoralas fanse pasar por españois que están no estranxeiro e necesitan cartos para determinadas actividades, case sempre, con fins solidarios.
Só na semana pasada, a Policía Nacional tivo coñecemento de tres casos en Galicia. Unha das mulleres entregoulle 95.000 euros ao seu mozo virtual, outra 65.000 e a terceira desembolsou 45.000 euros.
Para evitar ser vítima, os investigadores insisten na necesidade de extremar as precaucións e non confiar en calquera que pida diñeiro a través de Internet.