Publicador de contidos

Publicador de contidos

A chinesa CRBC compra o 100% do Grupo Puentes

A chinesa CRBC compra o 100% do Grupo Puentes

A adquisición culmina un proceso iniciado en 2020, cando a empresa asiática adquirira xa o 66,54 % da construtora galega

Polo momento non trascendeu o importe da operación

A ponte de Rande, unha das obras máis emblemáticas de Grupo Puentes (Europa Press-Arquivo) A ponte de Rande, unha das obras máis emblemáticas de Grupo Puentes (Europa Press-Arquivo)
G24.gal 21/05/2026 21:02

O grupo chinés CRBC acaba de facerse co 100% do capital do Grupo Puentes, con sede en Oroso, tras comprar o 32,77 % das accións que aínda estaban en mans do fundador e presidente da compañía, José Manuel Otero.

Segundo puido confirmar a Televisión de Galicia, a operación xa foi comunicada á Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia, que deberá validar a compra.

A adquisición culmina un proceso iniciado en 2020, cando a empresa asiática adquirira xa o 66,54 % da construtora galega. Polo momento non trascendeu o importe da operación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade