Cargando resultados...
A chegada do outono cambia a paleta cromática das paisaxes galegas
Amarelos, vermellos e marróns tinguen a natureza durante esta época do ano
G24.gal
01/11/2021 21:02
Amais de menos horas de luz o outono tamén trae unha explosión de cores aos montes e bosques galegos. En outono as combinacións cromáticas que ofrece a natureza poden chegar a superar a paleta do mellor dos artistas.
As horas de luz diminúen de forma considerable e as temperaturas comezan a baixar as plantas e árbores do bosque prepárase para aforrar enerxía e afrontar os meses máis duros do inverno.
Primeiro cobra protagonismo a cor amarela para deixar paso logo aos vermellos e marróns. O positivo deste proceso natural é o espectáculo de cores que se pode gozar.
A maxia do outono chega tamén a través das súas cores.