A cervexeira Hijos de Rivera pecha o 2021 con case 95 millóns de euros de beneficios
As vendas superaron os 600 millóns de euros, chegando aos 436 millóns de litros de cervexa comercializados
A cervexeira galega Hijos de Rivera recupera cifras prepandemia e pecha o exercicio do 2021 con case 95 millóns de euros de beneficios tras impostos, o que supón un crecemento que roza o 80 por cento con relación ao exercicio anterior.
Tamén as vendas superaron os 600 millóns de euros e comercializaron 436 millóns de litros de cervexa. O presidente da compañía, Ignacio Rivera, celebrou poder resistir a crise causada pola covid-19 sen perdas e sen ter que recorrer axustes de emprego.
Amais recoñeceu que este 2022 está a ser complicado polos problemas loxísticos, o incremento nos prezos das subministracións, ou a elevada factura eléctrica. Non obstante tamén dixo que non se repercutiron os custos de produción sobre o consumidor, e agardan non ter que facelo preo preve un segundo semestre do ano máis complicado.