Publicador de contidos

Publicador de contidos

A celanovesa Remedios únese ao club de centenarios de Ourense

A celanovesa Remedios únese ao club de centenarios de Ourense

A comarca de Celanova ten 273 centenarios por cada 100.000 habitantes, unha das porcentaxes máis altas do mundo

Galicia está entre as rexións europeas con maior esperanza de vida. A media é case de 84 anos

G24.gal 27/04/2022 20:54

Galicia está entre as rexións europeas con maior esperanza de vida. A media é case de 84 anos, media que se supera en moitas comarcas de Ourense. E é que nesta provincia poden ademais presumir de centenarios, con preto de 400 duplica a taxa española.

Remedios únese emocionada ao selecto club dos centenarios de Ourense.  Naceu, cóntanos, en Cartelle o 27 de abril de 1922 ás oito da tarde. A memoria non lle falla. Os compañeiros do centro de día de Celanova felicitábana orgullosos.

Despois de labrar e coidar dende cativa na aldea, con 24 anos emigrou soa ao Uruguai, casou en Venezuela onde traballou nun psiquiátrico ata que retornou a casa. A intensa actividade que tivo, di, mantena con saúde cos seus cen anos. E ten máis segredos.

Unha importante rede de afecto é precisamente unha das variables que, apuntan os xerontólogos, favorecen a lonxevidade. Nós descubrimos a súa debilidade, o seu bisneto.

A comarca de Celanova, con 273 persoas de cen anos ou máis por 100.000 habitantes, ten unha das taxas de centenarios máis altas do mundo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos