A CEG defende a urxencia de construír o Corredor Atlántico do tren
O presidente dos empresarios de Galicia, Juan Manuel Vieites, defende a urxencia de construír o Corredor Atlántico para conectar por tren Galicia con Europa
O presidente dos empresarios de Galicia, Juan Manuel Vieites, defende a urxencia de construír o Corredor Atlántico para conectar por tren Galicia con Europa.
Nunha entrevista no Galicia por diante, dixo que é un proxecto fundamental e criticou que os empresarios de Valencia pediran en Bruxelas dar prioridade o Corredor Mediterráneo.
Ademais, Vieites pide consensuar calquera reforma das pensións entre o Goberno, os sindicatos e a patronal. Díxoo no Galicia por diante, despois de que o Goberno propuxera onte que, á hora de calcular canto cobrará cada pensionista, se teña en conta os últimos 30 anos cotizados, pero escollendo os 25 máis altos, para así favorecer o pensionista.
O presidente da patronal tamén insiste en que as empresas non poden subir os soldos o mesmo que soben os prezos, e afirma que o Goberno os sinala de forma inxusta.