Publicador de contidos

Publicador de contidos

 A Catedral de Santiago presenta a nova obra de Álvaro Siza, "Os Túmulos"

 A Catedral de Santiago presenta a nova obra de Álvaro Siza, "Os Túmulos"

A obra funeraria acollerá os restos mortais dos arcebispos composteláns

A obra "Os túmulos" do arquitecto portugués Álvaro Siza
G24.gal 11/03/2022 21:14

O arquitecto portugués Álvaro Siza volve á arquitectura funeraria en Santiago con 'Os túmulos', esta peza que encerra tres nichos feitos con 4 toneladas e media de mármore branco ensambladas que impresiona por sinxeleza e rotundidade.

A obra naceu da necesidade de dotar a catedral dun espazo onde repousen os restos dos arcebispos, pero sen realizar obras.

Un pequeno recuncho inacabado, esquecido entre capeliñas e con saída á nave central da catedral, resultou ser o idóneo polos contrastes de materiais e de lluz como nos relata o propio autor.

"O mármore branco contra o granito escuro, comprimido, era unha compresión do espazo, era unha cousa marabillosa. E hai unha pequena ventá aberta pola que entra a luz, cun efecto extraordinario, e tamén uns pequenos lucernarios que iluminan pero non demasiado, así que encontrei un ambiente fantástico"

Uns tamén sinxelos bancos e un altar de madeira completan un espazo para o que o arquitecto deseñou un crucifixo de prata minimalista, nun novo xogo de contrastes de texturas que invitan ao recollemento entre os muros centenarios.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos