Publicador de contidos

Publicador de contidos

A capela da Guía en Vigo loce, por fin, a escultura proxectada hai 70 anos

A capela da Guía en Vigo loce, por fin, a escultura proxectada hai 70 anos

É a imaxe que deseñou o arquitecto da capela Gómez Román

G24.gal 11/05/2022 20:48 Última actualización 11/05/2022 21:21

A colocación da escultura dun cristo de seis metros de altura e seis toneladas de peso remata o deseño orixinal da capela viguesa da Guía tal como o proxectara hai 70 anos o arquitecto Manuel Gómez Román.

A figura realizárona en seis pezas de pedra os canteiros da escola da Deputación de Pontevedra, e o organismo cedeuna.

Levaban desde o luns ensamblando as pezas para colocalas no curuto da igrexa. Desde este mediodía, a ría de Vigo engade esta nova silueta como un novo vixía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar