Publicador de contidos

Publicador de contidos

A campaña do grelo prevese excelente este ano

A campaña do grelo prevese excelente este ano

O frío e a chuvia favoreceron neste inverno o cultivo desta verdura

G24.gal 13/01/2026 14:18

Rematadas as festas do Nadal, chega o tempo do cocido e do lacón con grelos. A verdura máis emblemática do inverno galego. Na Horta do Rodiño, unha explotación de Boqueixón van polo segundo ciclo de produción, nunha campaña que cualifican de boa en calidade e cantidade. Anxeles Mosquera explica que o frío e a chuvia favoreceron este ano o cultivo do grelo.

Son múltiples as variedades de grelo que se producen en Galicia. Nesta explotación cultivan con moito mimo unha específica desta zona: o grelo de Boqueixón. Coidando e seleccionando a semente para lograr un produto de calidade e sabor que marcan a diferenza. Aseguran que é máis suave e menos amargo que outros e que o fai máis versátil na cociña.

Na froitería a manchea de grelos, que leva ao redor dun quilo, custa 4 euros. Pero auguran que nun futuro irá mais caro e converterase nun produto de luxo porque non hai relevo xeracional nin man de obra no campo.

Na Horta do Rodiño manteñen 8 hectáreas dedicadas ao cultivo do grelo de Boqueixón. A man de obra coa que contan é a do home de Ánxeles, súa nai e un operario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade