A campaña da vieira comeza na ría de Arousa cun 70 % menos de capturas
A campaña da vieira comeza na ría de Arousa cun 70 % menos de capturas
Na confraría de Cambados, dos 12.000 quilos autorizados só recolleron unha terceira parte na primeira semana
Este ano as vieiras galegas van escasear nos mercados. A campaña comezou a primeiros de mes e estase recollendo moi pouco produto, un terzo do que vén sendo habitual por estas datas.
En Cambados din que é unha das peores campañas que recordan. Os resultados da primeira semana son decepcionantes. Dos 12.000 quilos autorizados, so recolleron unha terceira parte.
Na Confraría non teñen unha explicación clara das causas da escaseza de vieira. O problema, segundo din, non é de mortaldade nin tampouco de sobreexplotación.
Cren que se debe mais ben a que as condicións oceanográficas non foron favorables no momento no que tiñan que medrar, tres ou catro anos atrás.
A vindeira semana comeza o marisqueo nunha das zonas tradicionalmente mais produtivas da ría de Arousa, fronte a Cambados e O Grove, pero as previsións, tras as mostraxes realizadas, tampouco son optimistas.