Publicador de contidos

Publicador de contidos

A campaña da renda de 2025 estenderase entre o 8 de abril e o 30 de xuño

A campaña da renda de 2025 estenderase entre o 8 de abril e o 30 de xuño

O prazo para a presentación das declaracións de IRPF comezará o 8 de abril por Internet, a través do programa Renda Web ou da aplicación móbil da Axencia Tributaria

A partir do 6 de maio poderá facerse por teléfono, a través do programa Chamámolo; e a partir do 1 de xuño pódese entrega presencialmente en oficinas

Na campaña da renda de 2025 estarán obrigados a presentar declaración os contribuíntes que obtivesen rendas do traballo superiores a 22.000 euros dun pagador ou de 15.876 euros de dous ou máis pagadores, así como os autónomos ou os que percibisen prestación de desemprego, entre outros

Imaxe de arquivo da Axencia Tributaria para ilustrar a noticia Imaxe de arquivo da Axencia Tributaria para ilustrar a noticia
G24.gal 17/12/2025 10:34

A campaña da renda e o imposto de patrimonio de 2025 arrincará o 8 de abril do próximo ano e estenderase ata o 30 de xuño, de acordo ao calendario do contribuínte de 2026 da Axencia Tributaria.

O prazo para a presentación das declaracións de IRPF comezará o 8 de abril para os contribuíntes que o fagan por Internet, xa sexa a través do programa Renda Web ou da aplicación móbil da Axencia Tributaria.

Os contribuíntes que opten por presentar a liquidación por teléfono, a través do programa Chamámolo, poderán facelo a partir do 6 de maio; mentres que quen queira entregala presencialmente en oficinas terán que esperar ata o 1 de xuño.

O prazo de presentación das declaracións finaliza en todos os casos o 30 de xuño, salvo para aquelas cuxo resultado sexa a ingresar e queiran domiciliala, que terán que estar entregadas o 25 de xuño.

Na campaña da renda de 2025 estarán obrigados a presentar declaración os contribuíntes que obtivesen rendas do traballo superiores a 22.000 euros dun pagador ou de 15.876 euros de dous ou máis pagadores, así como aqueles que estivesen dados de alta como autónomos ou que percibisen prestación de desemprego, entre outros supostos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade