Publicador de contidos

Publicador de contidos

A calor fai que os pementos de Padrón sexan máis picantes

A calor fai que os pementos de Padrón sexan máis picantes

As altas temperaturas provocan un aumento da substancia que fai que piquen

Os produtores seleccionan os pementos para que cheguen ao consumidor nas mellores condicións

G24.gal 14/07/2022 14:17

Os pementos de Padrón sofren co tempo destes días, con temperaturas de arredor de 40 graos no exterior ou de ata 60 ao mediodía dentro dos invernadoiros. A calor causa o aumento da capsaicina, a substancia que fai que piquen.

"Ao mellor estes días estámolos recollendo e non teñen moito picante, pero dentro de 15 días si. É no momento en que se está formando o pemento cando lle entra máis a capsaicina. Os que estamos recollendo agora non tanto, pero os de dentro de 15 días si que van ser máis", segundo Milagros González Refojo, presidenta do Consello Regulador da DOP Pemento de Herbón.

A calor produce queimaduras nalgúns pementos

E a calor ten outras consecuencias. Produce queimaduras nalgúns pementos. Os produtores intentan previr estes danos. O mellor é regar, pero só poden utilizar o goteo. Descartan usar os aspersores dentro dos invernadoiros porque aumenta o risco de fungos.

"Tivemos moitos problemas de oídio porque coa calor, se lle regas por riba, tes oídio outra vez. Hai que adaptarse. Isto é máis traballo para nós, para a selección, para que non haxa picantes que vaian na bolsa, porque a calidade hai que tela igual ao máximo".

Seleccionan os exemplares para que cheguen ao consumidor en boas condicións

Isto obriga os produtores a soportaren a calor con máis traballo para que só cheguen ao consumidor os pementos no mellor estado. 

"O consumidor sabe que na tenda onde está comprando compra a calidade de sempre. Os traballos son para nós, para o consumidor é compralo, degustalo e gozalo".

Iso, segundo salientan, sempre que teñan o selo de calidade da Denominación de Orixe Protexida Pemento de Herbón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos