A pataca galega promóvese por toda España
A IXP puxo en marcha unha campaña para promover este produto nos lineais dos supermercados de toda España
Os que merquen pataca certificada poderán acceder ao sorteo de tres experiencias na Ribeira Sacra para dúas persoas valoradas en 800 euros
Na última campaña envasáronse baixo selo de calidade Pataca de Galicia máis de 6 millóns de quilos. Sometidas a uns estándares moito máis estrictos, a diferenza nótase, din os que a mercan, tanto no prato como no padal.
Pór en valor esta calidade e que os consumidores sexan quen de identificar o certificado da IXP é o obxectivo dunha iniciativa promovida polo Consello Regulador.
Os que elixan Pataca de Galicia no supermercado, suban unha foto á páxina web, xunto con outros datos, entrarán no sorteo de tres experiencias lúdico-gastronómicas na Ribeira Sacra. Os gañadores coñeceranse no mes de maio.