Publicador de contidos
Publicador de contidos

A caída de Jorge Prado quedou nun susto e poderá competir en Indonesia

A caída de Jorge Prado quedou nun susto e poderá competir en Indonesia

O pai do piloto confirmoulle á Televisión de Galicia que temeran "por unha lesión grave", pero todo quedou nun susto

G24.gal 16/06/2024 22:59 Última actualización 17/06/2024 12:50

Prado foi ao chan na segunda curva do Gran Premio de Maggiora. Desequilibrado polo suízo Guillod, o piloto galego rodou pola terra e outros tres pilotos caéronlle enriba. Ergueuse, pero con acenos de dor nunha das pernas. Viuse na obriga de parar e pasar polo box do seu equipo coxeando moito, tentou continuar pero a dor era moi forte e decidiu parar antes do minuto dez de carreira. 

As imaxes dos asistentes sacándoo sen poder apoiar as pernas acendían as alarmas coa posibilidade dunha lesión grave de xeonllo. A Jorge Prado fixéronlle as pertinentes probas no circuíto e descartouse unha mancadura de importancia. Afortunadamente o que se adoita dicir de "chapa e pintura". 

Os 25 puntos desa segunda carreira xa marcharon, pero agora toca descansar, recuperarse, aproveitar a parada de quince días e buscar en Indonesia o inicio da remonta. Agora o piloto galego está a 34 puntos do líder do MXGP Tim Gajser, e queda xusto a metade das probas. É a diferenza máis ampla de todo o 2024, pero Prado en boas condicións pode manter o soño de repetir título mundial. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos