Publicador de contidos
Publicador de contidos

A borrasca Nelson mantén en alerta Andalucía, Murcia e as Baleares

A borrasca Nelson mantén en alerta Andalucía, Murcia e as Baleares

Hai unha trintena de estradas afectadas pola chuvia ou a neve en Andalucía

En Guadalaxara, Toledo e Cidade Real seguen con preocupación o nivel de moitos ríos

En Zaragoza, o concello activou o Plan de Emerxencias Municipal ante a enchente do río Gállego ao seu paso pola cidade

G24.gal 30/03/2024 20:55 Última actualización 30/03/2024 21:24

O aviso amarelo por chuvia e vento está a afectar especialmente no litoral de Andalucía, en Murcia e nas Baleares. A neve cae con forza en zonas altas de Castela e León, Madrid, Picos de Europa e no Pireneo.

A borrasca Nelson deixa inundacións e unha trintena de estradas afectadas pola chuvia ou a neve en Andalucía. As precipitacións deixaron acumulados ata 90 litros por metro cadrado nas últimas 24 horas en diferentes provincias do litoral andaluz.

En zonas de Sevilla, Córdoba e Granada este sábado era difícil desprazarse. Varias estradas permanecen cortadas ao tráfico total ou parcialmente. En Sevilla e Córdoba, a causa das restricións de tráfico son as inundacións; en Granada o corte de estradas prodúcese pola acumulación de neve. 

En Huelva, a auga corre con forza polos ríos da provincia, auga moi ben recibida polo sector agrario que soporta restricións para o regadío.

En Guadalaxara, Toledo e Cidade Real seguían con preocupación o nivel de moitos ríos. Tamén en Zaragoza, onde o concello activou o Plan de Emerxencias Municipal ante a enchente do río Gállego ao seu paso pola cidade.

Forte vento

O vento dificulta tamén a situación meteorolóxica sopra especialmente forte na zona do Estreito, con refachos de 80 quilómetros por hora, así como en Almería, Murcia, Formentera, Eivisa e Mallorca, con refachos de 70. 

Segundo a previsión da AEMET, Nelson seguirá a afectar á península e Baleares durante o domingo, co paso de novas frontes atlánticas que deixarán precipitacións xeneralizaras.

A cota de neve situarase entre os 900 e os 1400 metros, polo que se esperan nevaradas nos principais sistemas montañosos. O vento do suroeste soprará moi forte de novo no extremo sur, serras da metade oriental e as Baleares.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos