Publicador de contidos

Publicador de contidos

A "Blas de Lezo" e o "Cantabria" regresan a Ferrol tras o traballo coa OTAN polo conflito de Ucraína

A "Blas de Lezo" e o "Cantabria" regresan a Ferrol tras o traballo coa OTAN polo conflito de Ucraína

O "Cantabria" atracou a primeira hora do domingo en Ferrol e pouco despois facíao a fragata Blas de Lezo

O buque remata a súa integración na Agrupación Naval Permanente da OTAN, mentres que a fragata "Blas de Lezo" continuará integrada ata o 30 de xuño

Recibimento das familias á tripulación do Cantabria en Ferrol
G24.gal 26/06/2022 09:20 Última actualización 26/06/2022 12:29

O buque de aprovisionamento en combate Cantabria atracou a primeira hora deste domingo na súa base de Ferrol e a fragata Blas de Lezo (F-103) fíxo pouco tempo despois a súa entrada no arsenal militar de Ferrol, unha vez completada a súa integración na Agrupación Naval Permanente da OTAN no Mediterráneo.

O Cantabria permaneceu coa frota da OTAN entre o 13 de maio e o 26 de xuño, mentres que a fragata Blas de Lezo completará máis de cinco meses de integración entre o 25 de xaneiro e o 30 de xuño. O traballo enmarcouse na estratexia da Alianza Atlántica fronte á guerra en Ucraína.

A Armada indica que "os dous buques permaneceron despregados cando se cumpren os corenta anos de España na OTAN, o que -asegura- amosa o compromiso e a fiabilidade de España cos seus aliados. Nas últimas tres décadas os buques españois despregáronse nas Agrupacións Permanentes para contribuír á disuasión e defensa en e desde o mar".

A Blas de Lezo partiu de ferrol o 22 de xaneiro para o seu traballo no Mediterráneo, realizou misións de vixilancia reforzada no Mediterráneo oriental na operación Sea Guardian.  Participou en exercicios multinacionais organizados por  Italia e España. Operou nesa zona e atracou nos portos de Augusta en Italia, Aksaz en Turquía, Catania en Sicilia, Souda en Grecia, A Gleta en Tunisia e Rota e Málaga en España, onde realizou labores loxísticos e de representación.

Permaneceu máis de 159 días fóra do seu porto base, 118 deles no mar. Navegou 23.000 millas, o que supón máis dunha volta ao mundo á altura do ecuador. É a terceira das cinco fragatas da clase Álvaro de Bazán (F-100), considerada un dos mellores barcos escoltas do mundo e destaca pola súa capacidade antiaérea e de mando e control, como buque de mando.

Conta cunha dotación de 212 persoas, entre as que inclúe unha unidade aérea embarcada (UNAEMB), un equipo operativo de seguridade e unha capacidade médica ROLE-1 (médico e enfermeiro a bordo).

A fragata Blas de Lezo e o Cantabria con buques gregos A fragata Blas de Lezo e o Cantabria con buques gregos

Tamén atracou o BAC Cantabria, un Buque de Aprovisionamento en Combate, integrado na 31ª Escuadrilla de Superficie con base en Ferrol. Cos seus 174 metros de eslora e o seu desprazamento de case 20.000 toneladas é o segundo maior buque a Armada.

 O seu deseño permítelle realizar traballos multimisión, sendo o prinicipal a subministración de combustible, víveres, repostos e munición ás unidades navais coas que opera e interactúagrazas ao seus sistema de combate e comunicacións avanzados. Tamén se pode utilizar para a loita contra a contaminación marítima, ou seervir de plataforma de despregamento para unidades de operación especiais.

Leva a bordo 180 persoas, tamén cunha Unidade Aérea Embarcada, cun helicóptero, un Equipo Operativo de seguidade (EOS) de Infantería de Mariña e un Equipo Médico reforzado cun odontólogo.

 O Cantabria navegou máis de 10.000 millas e realizou aprovisionamento a outros buques, tanto de combustible, como de víveres, repostos, munición e medicamentos. Nesta misión recalou nos portos de Catania, Souda, Rota e Málaga.

helicóptero SH-3D do Cantabria helicóptero SH-3D do Cantabria
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar