Publicador de contidos

Publicador de contidos

A banda ucraína gañadora de Eurovisión difunde un videoclip gravado en cidades atacadas

A banda ucraína gañadora de Eurovisión difunde un videoclip gravado en cidades atacadas

Kalush Orchestra publica un vídeo de corte bélico de Stefanía, con imaxes tomadas nas localidades das proximidades de Kíiv que ocuparon os rusos en marzo

G24.gal 15/05/2022 17:06

A banda ucraína Kalush Orchestra, que na noite do sábado gañou o certame de Eurovisión, publicou este domingo un vídeo de Stefanía, a canción coa que competiu, na Ucraína en guerra.

Son imaxes tomadas en distintos puntos devastados do seu país, mesmo en Bucha, na rexión de Kíiv e escenario de supostos crimes de guerra por parte de Rusia. O vídeo parte dunha muller en uniforme que percorre o país en ruínas cargando unha cativa que busca á nai, entre coches ardendo, edificios esnaquizados polas bombas, puntos de acollida de refuxiados e trens que tratan de poñelos a salvo.

O grupo interpreta a súa canción sobre eses mesmos lugares, con imaxes que se alternan con outras moi duras, algunhas rodáronse na rexión de Kíiv e en localidades como Irpín, Gostómel ou Borodianka, que, tras estaren nos titulares de medios de todo o mundo, tardarán en recuperar a normalidade.

A repercusión do vídeo foi instantánea e voou no seu perfil de Instagram, onde colgaron un clip que o anuncia na súa web. En catro horas chegaba a case o millón e medio de visitas.

Con esta iniciativa o grupo buscaba o mellor escenario que encontraron para que o seu tema golpee directamente na conciencia dos espectadores.

Kalush Orquestra non fixo público o vídeo ata despois de celebrado o concurso, xa que os organizadores de Eurovisión non queren contido político nas actuacións, aínda que si lle impediron participar a Rusia.

Stefanía, que é o nome da nai do cantante, escribírona meses antes da guerra e, malia que a letra non ten nada que ver coa situación, a audiencia fíxoa súa e sácalle partido no conflito actual no país para convertela nunha especie de himno fronte á opresión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade