Publicador de contidos

Publicador de contidos

A banda de albaneses que roubaba no rural entraba nunha casa cada dous días

A banda de albaneses que roubaba no rural entraba nunha casa cada dous días

Son a mafia mellor organizada en roubos en vivendas: un levábaos no coche e tres entraban nas casas

Algunhas das xoias estaban agochadas nun zulo no polígono do Tambre, en Santiago

G24.gal 03/02/2026 14:47

Estaban os tres e sabíano, porque levaban 26 días pegados a eles, seguíndoos día e noite, con sol e chuvia, mesmo os festivos máis sagrados do Nadal.

"A investigación foi moi intensa, menos dun mes. Esta organización era case indetectable. Tiñan uns patróns moi definidos, unha estrutura ben organizado, un repartimento de roles ben diferenciado. Chegaron a cambiar de casa e de coche ata en catro ocasións", destaca o tenente Marcos, xefe de Patrimonio da Unidade Orgánica da Policía Xudicial de Pontevedra. 

Aloxábanse nun apartamento turístico de Vigo, pero movíanse sen aforrar en combustible. O cuarto caeu nun chalé de luxo de Alacante. Son albaneses, a mafia máis organizada en roubos de vivendas. 

"É moito máis difícil traballar este tipo de organizacións. Dende o momento no que asentan aquí, adoptan unhas medidas de seguridade que non son propios da delincuencia autóctona. Planifican o roubo, a fuxida, o método de acceso", engade o tenente Marcos.

Entraron en vivendas de Santiago, de Trazo, de Vilaboa ou de Redondela. Tamén en Marcón e Tomeza, en obxectivos cun mesmo patrón.

"Un deles encargábase de labores loxísticas e os outros do roubo material. Un integrante deixábaos nun lugar, camiñaban uns sete, oito ou nove quilómetros monte a través. Accedían a vivendas próximas a zonas boscosas, polo primeiro andar por apancamento da ventá ou da porta", explica o xefe da unidade de Patrimonio da Garda Civil de Pontevedra.

Buscan cartos e xoias, botíns liviáns dos que fan dano. Este reloxo vale uns 3.000 euros. É unha das pezas recuperadas. Tíñano agochado nun zulo preto de Santiago, nun monte pegado ao polígono do Tambre.

"O ouro está a un prezo desorbitado. Unha cadea de ouro véndese no mercado negro a un prezo elevado. Fixeron dano. Levaron obxectos de valor e fixeron dano", lamenta o xefe da operación Viporto.

Sospéitase que son a coñecida como Banda do Volvo, pero cambian de coche coma de chaqueta. De momento, os catro están en prisión, acusados de catorce roubos, pero a investigación segue aberta para probar que son responsables de moitos máis. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade