A banca electrónica gaña terreo á tradiconal
En 2022 xa se superou a barreira dos dez millóns de contas
A banca electrónica vai gañando terreo á tradicional. Ou polo menos isto é que se desprende dun estudo sobre o sector bancario elaborado por Funcas. Di que en 2022 a banca dixital xa tiña case dez millóns de contas bancarias, que son dous millóns máis que en 2018.
Os defensores destacan a inmediatez e a comodidade. Pero tamén están os que se resisten. Funcas di que son os menos porque a finais de 2022 a porcentaxe de depósitos dixitais sobre os depósitos totais xa era de case un 7,5 por cento, algo máis de dous puntos e medio por riba que o rexistrado en 2018.
A diferenza dos bancos tradicionais, as entidades dixitais están deseñadas para funcionar completamente a través das aplicacións móbiles. Os primeiros non queren quedar atrás e por iso están a investir en tecnoloxía. En 2023 foron máis de 5.100 millóns de euros, o que supuxo duplicar o investimento en practicamente dez anos.