A 'avoa' de Galicia: "A min sempre me gustou traballar"
Esperanza Cortiñas, a persoa máis lonxeva do país, cumpre este mércores 109 anos
Que aprendeu da vida alguén que xa viviu 108 anos? Que lle ensinou, día a día, ata que este mércores chegue aos 109? Ollo á resposta!
"Traballar non é malo, mentres traballas pasa o tempo. A min sempre me gustou traballar, sempre", afirma Esperanza.
Porque o traballo tamén forma parte da receita da lonxevidade, do camiño que levou a Esperanza Cortiñas de Lugo a Ourense pasando por París, ata converterse na persoa máis lonxeva de Galicia. Agora, o baile e as cartas ocupan os seus días.
"Bailamos os domingos e días festivos, o resto dos días xogamos ás cartas. Así pasa o tempo. Parece que non, pero cando te das conta xa son horas de vir".
Coa autoridade de quen pode dirixirse a todos nós coa sabedoría dos anos, Esperanza deixa un consello para todos os que vimos por detrás: "Creo que ser bos na vida é bo".