Publicador de contidos

Publicador de contidos

A auga sae toldada en Malpica tras a chuvia dos últimos días

A auga sae toldada en Malpica tras a chuvia dos últimos días

O Concello asegura que é potable, pero os veciños dalgunhas zonas quéixanse de que lles chega toldada

Os veciños din que xa hai semanas que comezou o problema que se agudizou coa chuvia dos últimos días

G24.gal 19/10/2022 14:42

De novo, problemas coa auga da traída en Malpica. O Concello asegura que é potable, pero os veciños dalgunhas zonas quéixanse de que lles chega toldada.

A lama fíltrase na auga da traída en Malpica e o líquido sae escuro das billas. Din os veciños que xa hai semanas que comezou o problema que se agudizou coas chuvias dos últimos días.
O Concello afirma que, a pesar do aspecto, a auga da traída é potable.  Pero moitos prefiren consumir embotellada ou subministrarse das fontes. Hai veciños e hostaleiros non a utilizan nin para cociñar.

Trátase dun problema recorrente en Malpica que se debe a que o tipo de captación non permite decantar as partículas de terra.

Un problema similar viviuse este luns en Portomarín, onde o sistema de filtración non foi quen de facer fronte a todo o arrastre de terra que orixinaron as fortes chuvias. A situación xa está normalizada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade