Publicador de contidos
Publicador de contidos

A auga e a area invaden o paseo marítimo da Coruña

A auga e a area invaden o paseo marítimo da Coruña

Ás seis da tarde o aviso laranxa baixa a amarelo

G24.gal 25/11/2022 14:42

O paseo marítimo da Coruña amenceu esta mañá cuberto de area. Á Policía Local non lle quedou outra que acordoar a zona, cortándolles o paso aos peóns, para facilitarlles así aos operarios os seus traballos de limpeza.

As ondas, que xa sobrepasaran a duna de protección de Riazor na preamar da tarde deste xoves, collendo desprevido algún condutor e obrigando a cortar os catro carrís da estrada, esta madrugada, volveron superala.

Ata as seis desta tarde hai en todo o litoral galego un aviso laranxa por mar de fondo e ondas de ata seis metros de altura. Daquela, baixará un chanzo e pasará a ser amarelo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade